
LUMIERO – Santiago de Compostela (Auditorio Galicia)
O día 03 de mayo de 2026 estaremos en Santiago de Compostela con Lumiero.
Lumiero é un personaxe entrañable e soñador, un explorador da luz e da escuridade que transmite a alegría do latexar do seu corazón a todas as persoas que o rodean. Agochado tras o seu vello farol, convida ao público a descubrir a maxia da penumbra, un mundo no que as luces e as sombras contan historias invisibles a simple vista.
Ao seu carón, os espectadores revivirán as primeiras faíscas que os marabillaron, as luces de vellos xoguetes e os raios de luz que só existen nos soños. Pero Lumiero non viaxa só neste universo de luz e cores que propón A Menuda. Acompáñao a súa querida filla, Lumina, á que lle quere transmitir todos os seus segredos agochados tras unha lámpada incandescente.
Xuntos, entre sombras que bailan e reflexos xogantíns, estes dous personaxes tecerán un relato cheo de maxia, humor e poesía. Unha banda sonora en directo, creada con instrumentos tradicionais, trebellos e xoguetes musicais, dará vida a cada movemento, convertendo a escuridade nun fascinante universo de luz e soños… O universo Lumiero.
