Lugo – Auditorio Gustavo Freire- 26 de xaneiro

O solpor, cos últimos raios de luz do día, entra no teatro. Entre a escuridade e as cores vermellas, alaranxadas e azuis, irán aparecendo personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. É nese intre cando chega O Vixilante da Noite. Este encargarase de dar vida aos soños de Layla (unha nena de 10 anos). Ela verá como a súa querida boneca convértese, por unha noite, en Madame Lumière.

Xuntas navegarán en mares profundos, fundiranse no latexar do amor e serán as protagonistas dun antigo e nómade Circo de rúa.

A noite, envolta nun espazo sonoro e cunha delicada banda sonora interpretada cunha exquisita excelencia, chegará ao amencer, a hora de espertar e gozar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite.

Madame Lumière é un espectáculo para a Primeira Infancia (0-5 anos) que quere ser unha homenaxe á Música, á Luz e á Maxia dos Soños.

  • 00

    dies

  • 00

    hores

  • 00

    minuts

  • 00

    segons

Data

gen. 26 2025
Codi QR
Open chat
La Menuda Produccions digues... dime... tell me...